Actividades solicitadas *

Marca unha ou máis para seguir...


TEATRO. 1 hora: 30 €/mes - 1 hora e media: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -
DANZAS DO MUNDO. 1 hora: 30 €/mes - 1 hora e media: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -
DEBUXO E ILUSTRACIÓN 1 hora: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -

 
   
   
     
ART ATTACK. 1 hora: 40 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -
   
     
PINTURA ADULTOS. 1 hora e media: 60 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -
FUNNY ROCK'n'ROLL. 1 hora: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -
RITMO NA LÚA. 1 hora: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -

MÚSICA DUAL. 1 hora: 50 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -

NOISE IN THE JUNGLE. 1 hora: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -

 
AGRUPACIÓNS MUSICAIS. 1 hora: 35 €/mes
- Luns - - Martes - - Mércores - - Xoves - - Venres -

MÚSICA INDIVIDUAL. 1 hora: 80 €

Datos do/a Estudante

Datos da/o Nai/Pai ou Titor Legal

Datos de domiciliación de recibos

Permisos e Normativa *

É necesario aceptar as condicións para seguir...




PROTECCiÓN DE DATOS

-En cumplimento co establecido na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, informámoslle que os seas datos persoais serán tratados por Estudo Bonobo co fin de prestarlle os servicios que vostede nos solicita. Así mesmo informámoslle que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a Estudo Bonobo na dirección Rúa San Antoniño, 79, Baixo, 36002 Pontevedra.
Aceptado este documento exprésase a conformidade e o permiso para o tratamento dos datos referenciados na solicitude de matrícula

PERMISOS DE IMAXE

O dereito á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Lei 1/1982 do 5 de Maio, sobre o dereito á honra, á intimidade pessoal e familiar e á propia imaxe, e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. Estas leis obrígannos a dispoñer de autorización paterna/materna para a publicación de fotos e/ou vídeos dos menores, polo que solicitamos o consentimento ós pais ou tutores legais para poder publicar o material no cal aparezcan alumnos individualmente ou en grupo nas diferentes actividades realizadas durante as clases ou outras actividades que se leven a cabo. Este material gráfico poderá ser publicado en Youtube e demais R.R.S.S. da escola ou para material promocional (carteis, folletos, etc).

NORMAS

INFORMACIÓN SOBRE O PROTOCOLO COVID-19
Ante a situación extraordinaria creada pola Covid 19, o equipo de Estudo Bonobo desenvolveu un protocolo de adaptación da ensinanza para cumplir coa normativa vixente que compartirá con todas as familias que participen neste vindeiro curso 2020/2021 e do que adiantamos as seguintes medidas de obrigado cumprimento para tod@s
-Está prohibida a asistencia ao centro a aqueles estudantes, pais, nais, titores legais, e persoal do centro que teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que estiveran en contacto con persoas con síntomas ou diagnosticadas con COVID-19. Tampouco poderán asistir aqueles que se atopen en illamento ou en período de corentena domiciliaria por diagnóstico de COVID-19.
-Obrigatoriedade do uso de mascarilla nas zonas comúns e o mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros.
-@s menores de 6 anos están exentos da obrigación de levar mascarilla aínda que se recomenda o seu uso sempre que se poida.
-No caso de que as clases se densevolvan en postos fixos e o alumnado se encontre na mesma orientación poderán estar sen mascarilla mantendo unha distancia mínima de 1 metro (na escola esta distancia aumentarémola a 1,5 metros).
-Nas clases grupais nas que haxa movemento pola aula deberán estar con mascarilla pero habilitaránse descansos sen a máscara para poder osixenar o corpo e sempre mantendo a distancia de 1,5 metros.
-Todas as clases rematarán con 10 minutos de antelación sobre o horario estándar para poder cumplir coas esixencias de limpeza, desinfección e ventilación, e así mesmo poder xestionar unhas saídas e entradas ordenadas e sen aglomeracións. Esta reducción horaria non se verá repercutida na cuota da asignatura, xa que utilizaremos ese tempo para garantir a seguridade do todo o alumnado.
-Adaptación dos contidos á docencia online. Incluiremos dende un primeiro momento as plataformas dixitais dentro do ensino e metodoloxía dasd istintas materias para familiarizarnos coa docencia online e prever unha posible nova situación de confinamento no que, de darse o caso, adoptaremos o cambio á docencia online no mesmo momento que se produza e así poder continuar cun traballo de calidade dende a casa. Esta adaptación aos contidos online non se verá repercutida na cuota.
-Recomendamos ás familias a previsión e adaptación de dispositivos electrónicos (tablets, ordenadores ou portátiles, móviles...) e o coñecemento nivel usuario de distintas plataformas dixitais (correo electrónico, Google Classroom, aplicación de videochamadas, Skype, Google Duo…) para o seu uso por parte d@s alumn@s para unha correcta adaptación ao método de docencia online.

INFORMACIÓN E CONDICIÓNS DA MATRÍCULA E CUOTAS
-As cuotas domiciliadas faránse efectivas entre o 1 e o 5 de cada mes, igualmente que os pagos en efectivo. O incumplimento reiterado nas datas de pago poderá ser causa de baixa ou supoñer un incremento no precio cando se superen dúas mensualidades sen pagar. Con respecto aos pagos domiciliados, se un recibo vén devolto engadiránse 3 euros na seguiste mensualidade polas comisións do banco.
-Para a reserva de praza é obrigatorio o pagamento da matrícula. A matrícula ten un custo dun 50% con respecto ao prezo da actividade. Este importe vai destinado ao suministro de materiais e do mantemento necesario dos mesmos. Todo o material para o desenvolvemento das actividades será mantemento necesario dos mesmos. Todo o material para o desenvolvemento das actividades será facilitado pola escola, salvo as seguintes excepcións:
Música: Carpeta arquivadora / libreta
Debuxo: Carpeta ou caderno para gardar os traballos
Pintura: Libreta de bocetos
Teatro: Libreta cuadriculada e calcetíns gordiños para ir descalzo na clase.
Baile Moderno: deportivas e roupa cómoda
-Existen descontos para as familias: un 10% sobre a segunda asignatura na que se matriculen ou por 2º membro da mesma unidade familiar matriculado, un 15% a partir de 3 asignaturas ou 3 membros dunha mesma unidade familiar. Estes descontos son aplicables sobre as segundas ou terceiras matrículas, nunca sobre o importe total, e aplicaránse na asignatura de menor importe.
-O importe total do curso divídese en 10 pagos, de setembro a xuño. A interrupción da asistencia por parte do alumn@ durante este período non conlevará ningún tipo de desconto no prezo. Darse de baixa durante un mes pode conlevar a pérdida de praza.
-As baixas deberán comunicarse antes do día 25 do mes, do contrario procederáse ao cobro da seguinte mensualidade. Para que a baixa seña efectiva, deberá formalizarse na oficina. Non se devolverá ningún importe (matrícula ou mensualidade) xa aboadas se o alumn@ decide darse de baixa.

REGRAMENTO INTERNO
-A responsabilidade da escola sobre o alumnado limítase ao horario de clase. Unha vez rematado este tempo, o alumn@ é responsabilidade dos pais ou persoas ao cargo, tanto dentro como fóra das instalacións. -Os menores de 12 anos non poderán abandonar o centro por sí mesmos sen a declaración expresa dos seus tutores. Todos os alumnos deberán cumplimentar na folla de inscrición cáles son as persoas autorizadas para a recollida dos alumn@s. En caso de non facelo, Estudo Bonobo non se responsabiliza das confusións que poidan ter lugar.
-O calendario da escola publícase ao comezo do curso. As clases comprendidas nas datas nas que pecha a escola non serán recuperables. Así mesmo, todas as horas a maiores relativas a proxectos da escola, como gravacións, concertos, mostras ou portas abertas non conlevarán ningún custo extra.
-Os pais/nais/titores e os alumn@s deben ter unha conducta apropiada e ser respectuosos en todo momento co personal da escola e co resto dos membros da comunidade educativa.
-O comportamento d@s alumn@s debe ser axeitado e deben respectar o material, ó persoal, aos compañeir@s e as dinámicas de clase.
-É obrigatoria a asistencia continuada ás clases. En caso de producirse unha ausencia continuada inxustificada durante máis dun mes, @ alumn@ será dad@ de baixa para liberar esa praza a outr@s alumn@s en lista de espera.
-En caso de que un alumn@ non acuda a clase un mes durante o curso (de setembro a xuño), deberá aboarse a totalidade da mensualidade igualmente ou o alumn@ perderá a súa praza.
-Non está permitido entrar con comida ás clases. Tampouco está permitido comer durante o transcurso das mesmas.
-A escola resérvase o dereito de admisión nos casos que considere convintes. Non se permitirá a asistencia de alumn@s con síntomas contaxiosos (gripe, piollos, etc).
-O incumprimento do regramento exposto dará lugar a unha baixa automática e irrevocable d@ alumn@ na escola, sen dereito a ningún reembolso dos importes que xa fosen aboados, perdendo a sua praza en Estudo Bonobo e sen posibilidade de que volva a ser admitid@ no presente curso.

Lin o exposto anteriormente (información, condicións e normas) e estou conforme: