Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Isabel Gil Villar

Desde moi pequena xa mostraba interese polas artes expresivas e escénicas sendo ximnasta de competición e practicando diferentes artes como a danza clásica, diversos estilos de baile, expresión corporal e teatro. Diplomada en maxisterio, monitora de tempo libre, adestradora de ximnasia rítmica, masaxista deportiva con estudos en  naturopatía, expresión corporal e mimo, sombras  chinescas, cabezudos, construción e manipulación de marionetas de distintas técnicas, conta-contos, monitora de ludotecas, animadora sociocultural para os concellos de Cotobade e Marín, socia e fundadora da agrupación de monicreques e teatro Titirimaña con participación en festivais de monicreques e teatro, realizando actuacións de monicreques por toda Galicia, profesora en academia de baile Factory Dance e Ximnasio Odisea Sport, socia fundadora e adestradora do club rítmica  agarimo, vén a Estudo Bonobo a transformar o ballet tradicional.

usamos