Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Santiago Paredes

Graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra en 2011, cursou tamén un Máster en Libro Ilustrado e Animación que rematou con prácticas na escola de banda deseñada profesional O Garaxe Hermético.

Dende 2011 ven desenvolvendo a súa carreira profesional como ilustrador e deseñador gráfico realizando numeroso traballos para bandas de rock nacionais e internacionais como The Devil Dogs, Milkyway Express, Foxy Freire ou Furious Monkey House, entre outras, e festivais como Surfing the Lérez ou Armadiña Rock. Colaborou tamén con publicacións como a revista Luzes ou Diario de Pontevedra, numerosos fanzines auto-editados, e na súa carteira de clientes podemos topar reputadas axencias como Shackleton Group, a produtora Esmerarte ou Abanca.

A partir de 2013 comezou tamén unha relación laboral como artista coa galería Combustión Espontánea de Madrid coa que realizou varias exposicións como: Rock N Roll animal, Playdino ou Wild Mansion. Como autor de Banda Deseñada, actualmente se atopa traballando nun proxecto para Editorial Planeta, mentres espera a ver publicada a súa primeira novela gráfica “TATTOO” rematada en 2015.

usamos