Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Iago Marta

Guitarrista e compositor, entre outras tarefas musicais, Iago voltou para Galicia logo de máis dunha década en Barcelona. Alí deulle tempo a estudiar o grado superior de jazz no Conservatori del Liceu e a obter un Máster en música coma arte interdisciplinar, na Universidade de Barcelona e a Escola superior de música de Catalunya (ESMUC).

Durante ese tempo, Iago formou parte de numerosos proxectos como intérprete e/ou compositor, incluíndo jazz, pop, poesía musicada, folklore latinoamericano, teatro musical e unha longa lista de estilos e xéneros. Grabou uns cantos discos con proxectos diferentes, xirou con eles e compuso música orixinal para curtas, teatro e spots diversos, cousas que segue a facer agora de volta en Galicia.

Ademáis acumula moita experiencia coma profe, traballando en diversas escolas de música, con nenos e maiores, impartindo instrumento, combo, armonía,etc…entre as que destaca o Taller de músics de Barcelona.

www.iagomarta.com

usamos