Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Xosé Piñeiro

Aínda que José Piñeiro é licenciado en guitarra clásica na especialidade de pedagoxía e guitarra flamenca polo conservatorio do Liceu de Barcelona é un roqueiro de corazón, xa que comezou tocando a guitarra eléctrica en diferentes bandas como Ataraxia ou Quilma, na que é o principal compositor e fundador. Xosé Piñeiro (que é como lle gusta que lle chamen) estivo ligado a Orquesta de Guitarras de Barcelona durante 10 anos. Con ela percorreu moitos dos auditorios da península como o Palau de la Música de Catalana e lugares tan remotos como Siberia.

Actualmente, ademáis de pertencer a banda de rock Quilma é o guitarrista da Ego Band do ecléctico gaiteiro Cristian Silva. Pero non todo vai ser tocar… Xosé desfruta moito da ensinanza, na cal ten unha longa traxectoria dende escolas de música a conservatorios profesionales, e agora, en Bonobo.

usamos