Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Andrés Martínez

Enamorado das teclas dende a súa infancia, este pianista lucense é o máis clasico de Estudo Bonobo, mais no bó sentido.

Licenciado en Interpretación Clásica polo Conservatorio Superior do País Vasco (Musikene), este rapaz a un piano pegado é o encargado das teclas en Estudo Bonobo. A súa labor, sen embargo, non se limita exclusivamente á música clásica, senón que ademáis participa en proxectos musicais de estilos moi diversos; como poden ser colaboracións con diferentes artistas do Pop/Rock galego ou co seu grupo de rock experimental Moloch, actividades que o levaron a tocar en escenarios de moi diversa índole.

Ademais da súa labor pedagóxica nesta escola, participa en proxectos como «Música para a miña voz» ou «Voces ocultas», adicados ao traballo con xente con diversidade funcional.

usamos