Comezou a estudar música con 13 anos a través do uso da guitarra na escola de música Alfaia (Santiago de Compostela). Xa daquela foi cando fundou a súa primeira banda de rock melódico chamado Beyond Heaven coa que tocaba en directo onde lle fose posible facelo e dende entón sempre andivo inmersa en numerosos proxectos de diferente carácter musical. Actualmente é a baixista e a voz de GRIMA, a guitarrista, baixista e cantante de MOLOCH, a guitarrista e cantante de Monrovia e membra da Orquesta Metamovida como baixista ocasional. Todos estos proxectos teñen base en Pontevedra e aportáronlle unha longa experiencia como música nos escenarios e como creadora nos ensaios.
Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, post-graduada en Xestión Cultural pola universidade de Santiago de Compostela, esta moza de 24 anos é a encargada das actividades grupáis para cativos de Ritmo na Lúa, Noise in the Jungle (xunto con Gonzalo e Violeta) así como de instruír clases individuáis de guitarra, baixo, piano, batería e iniciación ó uso da voz. Esta xoven rapaza aportará con alegría e moita enerxía coñecementos musicais ós máis novos e a todo aquel que se lle poña por diante.