Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Master en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, investigadora en formación no grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos. Apoio á docencia nas materias Proxectos de Arte de Acción (4º Grao en BBAA, Universidade de Vigo) e Traballo de Fin de Master en Arte Contemporánea. Investigación e Creación (Universidade de Vigo). Parte do Comité, tanto Organizativo como Científico, do Congreso de Arte de Acción Foxes e Interferencias.
Combina a creación en solitario coa práctica colaborativa en de o colectivo de arte de acción Branco&Vermella, mostrando a súa obra en festivais, mostras e espazos públicos de Galicia, España, Alemaña, Arxentina, Ecuador, Holanda ou Irlanda. Actualmente desenvolve o seu proxecto de investigación predoctoral centrado na influencia dos contos marabillosos de tradición oral na creación performática galega do S. XXI.