Ven coñecernos
Rúa San Antoniño, 79
36002 Pontevedra
Tlf: 640 862 152

Artes Plásticas

Debuxo

Tanto se es un neno, un adulto ou un dragón de Komodo, nesta clase poderás descubrir e potenciar as túas habilidades como debuxante. Dende nivel principiante ata profesional, atoparemos as ferramentas adecuadas para ti e faremos soar a túa voz artística o máis alto posible. Nas nosas clases revisaremos diferentes técnicas, estilos, trucos de debuxo e as súas aplicacións no mundo da arte, a ilustración e a banda deseñada dende proxectos reais cos que abraiaremos ó mundo. A diversión corre pola nosa conta, ven a debuxar con nós a ritmo de rock and roll!!

Pintura

Durante o desenvolvemento desta actividade anual aproximámonos á linguaxe plástica. Partindo de fundamentos básicos coma a cor, a forma ou a composición, potenciaremos o estilo persoal sen perder de vista o xogo e a afectividade. Deste modo tentaremos establecer un hábito que acompañe no desenvolvemento e que aporte ferramentas como a capacidade crítica e analítica ou a seguridade nun mesmo. Para todas as idades!

Art Attack!

Ven e desfruta do mix máis divertidos de técnicas artísticas: pintura, escultura, colaxe, ilustración...Contacta co teu artista interior e déixate levar aprendendo coas infinitas posibilidades desta asignatura!

TI TAMÉN PODES FACELO

¿Queres anotarte?

Traballamos na busca do desenvolvemento integral do noso alumnado fomentando o espírito inclusivo, igualitario e solidario
usamos