RockLab
Proxecto en colaboración co Concello de Pontevedra. Os alumnos participan na creación dun proxecto musical audiovisual relacionado coa literatura, enmarcado dentro da actividade do Salón do Libro. O resultado son películas musicadas, obras de teatro musicadas, agrupacións con temática literaria e proxectos relacionados coa literatura e a música.
Xeración Sónica
Titorización de proxectos musicais no Local de Música de Pontevedra. Despois de comprobar que a nosa canteira de artistas en Estudo Bonobo medra a grande velocidade, a través da Concellería de Cultura decidimos axudar a unha nova xeración de mozos e mozas a organizar o seu traballo, facerlles un seguimento especial e publicar as súas producións para que non queden no esquecemento.
Contra a violencia de xénero
En colaboración con Namorando, traballamos en proxectos de creación 360º (plásticas, audiovisuais, deseño, ilustración, guión, música e son) con adolescentes e alumnado de primaria para a creación de mensaxes escritos, tocados e cantados por eles, sobre a temática e a problemática da violencia de xénero.
PMPCA
Un dos nosos primeiros proxectos multidisciplinares: danza, música, composición escrita e rap, traballo manual e proxección cultural-laboral. Todo dentro dun marco de prevención de condutas adictivas a través da música. Traballo con adolescentes de etnia xitana a través dun proxecto elaborado co Secretariado Xitano e a Concellería de Benestar Social de Pontevedra.
Inclusión e outras capacidades
En Estudo Bonobo levamos dende o noso nacemento traballando en vías da inclusión real a través do emprego das artes. O traballo con persoas con outras capacidades o facemos a través do programa VOCES OCULTAS, programa en colaboración coas asociacións Xuntos Down, Amizade, e Amencer Aspace.
