Fanática da batería e do rock´n´roll. Experta na imaxe en movemento. Levará a cabo os proxectos audiovisuais da escola, compaxinándoo coa ensinanza musical. Licenciada en Comunicación Audiovisual e Doutora en PsicoloxÍa evolutiva e Comunicación, encántalle coller as rendas de todo tipo de proxectos videográficos. Foi a creadora do proxecto Live On Litium e gañou o premio do Público na pasada edición do festival de Cans á mellor dirección de videoclip. Pódela atopar reventando parches e pratos ó longo do mundo coa súa banda BALA.
Dela din que toca moi, moi forte. Gústalle o deporte, así que ela prefire darlle cera á batería que facer pesas ou ir ó ximnasio. Tamén manexa un chisco de guitarra, un pouco de piano…pero o seu sempre serán os paus.