A este músico autodidacta (AC/DC, Led Zeppelin e ser un adolescente tímido riveron moito que ver nisto) gústalle fozar en todo, dálle calquera cacharro e tentará facelo soar. Así convertiuse nun músico multiinstrumentalista, guitarra de Drama, Unicornibot e Orquesta Metamovida, baixista de Cuchillo de Fuego e batería no seu proxecto actual, Diola.
Nestes últimos anos ven desenvolvendo a súa metodoloxía de aprendizaxe e experimentación musical en talleres de musicoterapia para maiores, no RockLab, en campamentos musicais de verán, e en clases particulares de guitarra, baixo e batería. Adicto ós escenarios, leva máis de 200 concertos as súas espaldas, será un dos encargados de orientar ós rapaces cara á formación da súa primeira banda de rock. Tamén ocuparase de achegar xs alumnxs ós instrumentos de corda (guitarra, baixo, ukelele…) ou á experiencia da grabación.
E é o mellor profe do mundo. De veras que si, que ten unha taza que así o di!