Comezou a interesarse pola pintura con 5 anos despois de debuxar un Rei rosa robot para a súa profesora. Graduouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e comezou a impartir clases de debuxo e pintura en diferentes escolas de arte.
Artista dinámica, multidisciplinar e carismática, as súas clases convírtense nun fervedoiro de ideas conseguindo que cada alumno aporte a súa esencia e sexa o verdadeiro artista do proceso. Actualmente, ademáis de adicarse á docencia, traballa nos seus proxectos artísticos persoais e forma parte do colectivo Kentada xunto coa profesora Leire, un espazo de creación e dinamización cultural.