A Rocío Romero, dende pequena, o que máis lle gustaba era poñerse na pel do malo dos He-man, Skeletor, mentres xogaba co seu irmán na casa. Anos despois a realidade superou a ficción e entendeu que xa era hora de darlle vida a eses personaxes.
Formouse en diversas escolas de arte dramática coma a ESAD de Galicia (Vigo), Santart (Santiago) Aartistica (Vigo) entre outras. Cursou obradoiros de clown, comedia da arte, caracterización, actor ante a cámara, pedagoxía teatral, contacontos, cabaré, biomecánica… A súa vocación de actriz compaxinouna sempre coa docencia teatral, conta os contos e programación teatral.
Actualmente sobrevive coas súas dúas compañías: Falabaratas, compañía dedicado ao público infantil e Enconarte Producciones e a súa obra “No es país para coños” dedicado a un público adulto; coa a empresa Turiña, cunha actividade “culturista” (cultura e turismo) e traballa para varias empresas coma programadora cultural. Chega a Estudo Bonobo con ganas de revolucionar as cousas!