Aos 7 anos, este marinense deixou de tocar ritmos en todas as cousas da casa (molestando a toda a súa familia) para comezar a tocalos con baquetas nunha batería (molestando quizais un pouco menos). Tanto lle gustou iso da música que acabou por graduarse en musicoloxía na USAL, e sacarse o mestrado de profesorado con especialidade en música na USC.
Alá por outubro de 2023 e a raíz da titulación de monitor de tempo libre, chegou a facer unhas prácticas a Estudo Bonobo, e dende aquela xa non deixou de estar pola nosa casa. Podes atopalo dando clases de batería ou guitarra, tocando coas nosas agrupacións, no Rocklab, en clases de teatro… Sexa onde sexa que cuadres con él de seguro que aprenderás moito e o pasarás moi ben!